Google

NOVAS DE CATASÓS

Loading...

Grupo "Catasós" en Facebook.


Se tes unha conta no en Facebook, podes facerte menbro do grupo "Catasós": http://www.facebook.com/group.php?gid=117207482423

Polígono industrial en Catasós. Últimas novas.




(15/08/09) Lalín somete a consulta o proxecto do polígono de Catasós durante dous meses
Román Rodríguez asegura que é "un paso máis" do enclave industrial. (Leer máis aquí).




Casa de Quintela ou Pazo de Quiroga


A Casa de Quintela é unha casa señorial situada no lugar de Quintela, na parroquia de Catasós. A casa propiedade da familia dos Quiroga, e que tiña a propiedade do próximo Souto de Quintela, foi no século XIX visitada por intelectuais e políticos galegos, en especial Emilia Pardo Bazán pasou longas temporadas nesta casa, onde escribiu algúns capítulos de Los Pazos de Ulloa

O PAZO DE DONFREÁN




O Pazo de Donfreán é unha casa señorial situada no lugar de Donfreán, na parroquia de Catasós construida en estilo barroco a mediados do século XVIII. O edificio, con planta en forma de U, componse de tres corpos unidos, destacando o portalón de arco de medio punto que serve de abertura ao muro que cerra o edificio.
A parroquia de Donfreán era antiga propiedade da familia dos Taboada, en 1625 pasou a Gómez Oxea de Albán (o novo) e posteriormente por entronque familiar á familia dos Montenegro.





Parece cravado nun tempo terrorífico de Romance de Lobos. A impresión provén de que as fachadas ceden e ábrense no tempo coma os ollos na madurez, o granito está pintado de liques, unha fraga seca parece envolvelo e devoralo e na fachada descomposta fican símbolos atípicos, como un estraño escudo blasonado e unha cadea con argola recollida no medio do paredón.





Ver mapa más grande

A Fraga de Catasós; Onde os castiñeiros tocan o ceo



A Fraga de Catasós, tamén coñecida como Carballeira de Quiroga, localízase na parroquia de Santiago de Catasós, no concello de Lalín. Este contorno presenta unhas características botánicas de grande importancia, singularidade e beleza, tendo en conta que na súa maior parte constitúe un importante bosque mixto de carballo (Quercus robur L.) e castiñeiro (Castanea sativa Mill.), os exemplares do cal son considerados como os mellores de Europa pola súa lanzalía, espertando o interese de diversos investigadores. En canto ás súas características climáticas e edáficas, hai que sinalar que se encontra dentro do dominio climático oceánico e asentado xeoloxicamente sobre micacitas metamórficas prehercínicas básicas, que dan lugar a solos pardos ácidos, forestalmente productivos.
A pesares de ser un espazo reducido, de non máis de 5Ha, este souto conserva os exemplares de Castiñeiro máis altos de Europa de 30m de altura e máis de 5m de circunferencia na súa base. Todo un espectáculo natural digno de ser visto e que para os estudosos da botánica convertese en todo un banco xenético e de estudo do castiñeiro. Actualmente está en fase de preparación un proxecto que pretende clorar estas árbores e repoboar así outras zonas de Galiza, dada a súa resistencia natural. .
Pero é a súa visita a que nos permitirá afondar no que eran os soutos (bosques de castiñeiros) e atopar especies animais e vexetais que, por desgraza, xa non son visibles en outros lugares. Así podemos atopar aquí unha variedade de narciso endémica de Galiza, coma é o Narcisus pseudonarcisus Subsp. Nobilis, dunha cor amarela moi expresiva.
Outra das especies, neste caso de insectos, que están en perigo de desaparición e podemos ver aquí, é a vacaloura ( Lucanus cervus ), impresionante no seu tamaño e no das súas grandes mandíbulas que emprega para loitar. Actualmente este gran insecto se atopa protexida en todo o Estado Español e esta incluído na lista vermella das especies ameazadas.
Pero tamén podemos vir a este magnifico lugar a pasear e percorrer a fraga con tranquilidade, deixándonos levar. Quizás poidamos ver cousas que chamen a nosa atención, xa tan acostumada a pasear por piñeirais ou eucaliptais, e que non lembra coma eran os bosques galegos no pasado. O lugar, dispón para o seu visitante de paneis divulgativos nos que afondar sobre a fraga e o seu perímetro.
Esta paraxe natural, á que é moi sinxelo chegar, atópase na estrada Nacional 525 (Santiago-Ourense) a 4km de Lalín.

SANTIAGO DE CATASÓS


Santiago de Catasós é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 489 habitantes (267 mulleres e 222 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 527 habitantes.
Na parroquia, concretamente no lugar de Quintela, atópase a Fraga de Catasós (ou Carballeira de Quiroga), ocupa 4.5185 ha. e foi declarada monumento natural no ano 2000, que ademais de carballos conserva castiñeiros centenarios de 5 metros de circunferencia que chegan ata os 30 metros de altura, o que os converte nos máis altos de Europa.
Entre os edificios civís da parroquia destacan o Pazo de Donfreán e a Casa de Quintela.

A parroquia conserva un castro e algúns túmulos funerarios. Na arquitectura civil destaca o pazo de Donfreán, un casal do século XVIII. A súa igrexa, moi sinxela, foi levantada sobre as ruínas da anterior en 1792; hai tamén dúas ermidas, e un cruceiro duns 5 metros de alto. En Pozo Negro hai un área recreativa, a carón da estrada N-525.
Festividade:
Santiago
Poboación:
492 habitantes
Extensión:
18,2 quilómetros cadrados
Densidade de pob.:
27,03
Altitude máx.:
618 metros
Código postal:
36518
Distancia a Lalín:
5 quilómetros
Lugares:
Antuín, Barrio, Belelle, Cabreira, Casa Bellas, Catasós, Celemín, Cerredo, Cobas, Donfreán, Puxallos, Quintela e Torguedo .